4/25/2014

'Scripta manent': As bibliotecas e a antigüidade clásica.

"Verba volant scripta manent" é unha cita latina tomada dun discurso de Cayo Tito ao senado romano, e significa "As palabras voan, o escrito queda". Destácase con esta a fugacidade das palabras, que as leva o vento, fronte á permanencia das cousas escritas: E as cousas escritas gárdanse deste tempos moi antigos nas BIBLIOTECAS:
Os antecedentes históricos da biblioteca atópanse na Antigüidade: eran grandes espazos ou salóns onde únicamente se almacenaban as tabletas de barro que contiñan os coñecimentos da época.
Os exipcios chamaron ás bibliotecas “Casas da Vida”,  estaban nos templos e pazos reais. Entre as bibliotecas exipcias máis notables poderían estar as de Tebas e a de Karnak.
En Grecia as bibliotecas deixan de ser patrimonio dos templos e encontramos bibliotecas en casas particulares, en Grecia debemos destacar dúas bibliotecas, a de Alexandría e a de Pérgamo.
A biblioteca de Alexandría: Non se coñece con exactitude o número de manuscritos que puido recoller,arredor de  uns 700.000 manuscritos. A biblioteca recolleu literaturas de varias civilizacións da Antigüidade e as súas traduccións. O receptáculo de madeira onde se conservaban os rolos manuscritos era chamado polos gregos “bibliotheke”, palabra que pronto adquiriu o significado de colección de libros.

Biblioteca de Celso en Éfeso

A biblioteca en Roma:
Coa etiqueta  "Scripta manent" organiza o Teatro Romano de Cartagena (Murcia) unha actividade documental e práctica sobre as bibliotecas da antigüidade co gallo do DÍA DO LIBRO 2014:
Como eran as bibliotecas do mundo clásico, desde Alexandría ata Roma,  o seu funcionamento e os restos arqueolóxicos das mesmas que se conservan na actualidade.
O papel de Augusto na promoción das primeiras bibliotecas de Roma, ou a importancia dos bibliotecarios na formación cultural dos rapaces novos, príncipes Cayo César e Lucio César.
 As bibliotecas acompañaron á humanidade desde tempos inmemorables, e todas as sociedades antigas nas que existía un mínimo de cultura, contaban con lugares onde depositar e compartir os pergamiños e as letras. Estes edificios tiveron una importancia especial nos pobos orientais e exipcios o que permitiu que os coñecementos sobre filosofía e política da antiga Grecia chegara a máis xente durante o reinado de Alexandro Magno.



Fontes: Diario "La opinión de Murcia","Alquibla" e Wikipedia.